Friday 17 de May de 2024

As becas outorgadas a 16 deportistas locais concederanse na Gala do Deporte de Riveira


Co gallo da celebración o próximo 15 de abril da XII Gala do Deporte, o Concello de Riveira informa de que no transcurso deste acto, que terá lugar no Auditorio Municipal, se vai facer entrega das becas a deportistas correspondentes aos méritos obtidos no exercicio 2015, segundo a convocatoria publicada no pasado mes de novembro.

Dezaséis serán os deportistas becados. Dous deles (a atleta Ana Peleteiro e a nadadora María Vilas) recibirán Becas Río, de 3.000 euros, en tanto que o resto recibirá outras contías graduais en función da valoración da Comisión Avaliadora. Atletismo, natación, taekuondo, triatlón e clicismo / BTT son as disciplinas deportivas obxecto de achegas económicas. Os deportivos becados son:

1) Becas Río
Ana Peleteiro Brión (Atletismo) 3.000,00 €
María Vilas Vidal (Natación) 3.000,00 €

2) Becas Tipo B
Alejandro Vidal Älvarez (Tae kwon do) 806,25 €
Laura Dosil Gago (Tae kwon do) 487,50 €
Lara Ouviña Martínez (Tae kwon do) 393,75 €
Angel Parada Martínez (Tae kwon do) 375,00 €
Manuel Tomé Sanlés (Natación) 337,50 €
Javier Regueiro Martínez (Atletismo) 337,50 €
Manuel Davila Lustres (Natación) 337,50 €
Manuel Ángel Parada Folgar (Ciclismo, BTT) 318,75 €
Jorge González Mariño (Natación, Triatlón) 318,75 €
Clara Otero Pérez (Natación) 300,00 €
Carlos Brión Sampedro (Natación, Triatlón) 300,00 €
Carlos Francisco Mallo García (Tae kwon do) 300,00 €
Manuel Parada Martínez (Tae kwon do) 300,00 €
Alexandre Lages Brión (Natación) 225,00 €